Corpus en Paiosaco e Arca, entre outras moitas

0
459

a-laracha-paiosaco-2010-corpus

O lugar de Paiosaco, no concello coruñés da Laracha, celebra as súas primeiras festas do ano. Antes de continuar coa seguinte celebración na primeira fin de semana de xullo, teñen lugar as festas grandes, as do Sacramento (ou Corpus).

Para iso está preparado un programa musical que traerá música de todos os estilos e para todos os gustos. Coma sempre, tamén chegará a Paiosaco o espectáculo dunha das consideradas “grandes”, nesta ocasión a OLYMPUS, que chegará á vila co seu espectáculo Ó final do camiño.

Paiosaco é un lugar moi coñecido na comarca e mesmo na área metropolitana da cidade coruñesa debido aos seus mercados ou feiras quincenais de domingo. Cando non hai feira en Carballo, haina en Paiosaco, pero todos os domingos existe a posibilidade de achegarse a unha das dúas. Esta vez en Paiosaco hai un reclamo máis para pasar por alí: unha boa festa.

Por outro lado tamén continúan as festas do Corpus en Arca (O Pino). Á actuación de onte de CICLÓN (que tamén estará en Paiosaco o domingo) e PANORAMA séguelle hoxe a de PARÍS DE NOIA e OLYMPUS. As festas cérranse o domingo con MARBELLA e ACHÉ.

E aínda haberá máis festas do Corpus por Galicia adiante. Podes consultar a axenda estas e outras celebracións. Especialmente recomendable o Corpus de Ponteareas e a Coca de Redondela).

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*