Chegan as patronais do Grove

0
486

orquesta-embajadores-2010-cartelA orquestra Embajadores será a proposta verbeneira no Grove esta fin de semana

Aínda que as festas grovenses de sona en toda Galicia son as do verán, en honra á virxe do Carme, hai nesta terra mariñeira outras máis “pequenas” que se fan en honor ó patrón, san Vicente. Son esta fin de semana.

Serán moitos os actos e as propostas musicais, moi variadas. O venres haberá un concerto da man de sete grupos locais na Carpa da Xuventude. O sábado haberá verbena, das de sempre, amenizada pola orquestra EMBAJADORES. E o domingo, teatro, corais, chocolatada e a música, en forma de batucada, da man de GOSTOSSO PA.

Variedade musical, xa que logo, en San Vicente do Grove esta fin de semana.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*