Festas na comarca do Barbanza

0
475

París de Noia - 2010 - 00018 - Aguiño (Ribeira)Hoxe en Camboño (Lousame) actuación de París de Noia e mañá Cinema. En Aguiño (Ribeira) Capitol, Odeón e o grupo La Apisonadora, no peirao da vila /© fotografía roxegar 2010

E polo Barbanza segue a haber festas. Concretamente dúas que terán lugar hoxe e mañá. En Camboño (concello de Lousame) contarán hoxe xoves coa actuación da orquestra PARÍS DE NOIA, que vén de actuar onte nas Festas da Ascensión, en Compostela, e foi a encargada de abrir as celebracións de 2010 na capital galega.

Mañá contarán coa actuación da orquestra CINEMA.

En Aguiño (Ribeira) celebran a festa dos Maios, cunha noite de verbena na que se poderá gozar de tres formacións musicais. Dúas bandas de verbena como son a orquestra CAPITOL e a ODEÓN, e un grupo que actuará no descanso das actuacións citadas: LA APISONADORA. A cita de Aguiño, que é a segunda do ano despois da Xuventude de hai un mes, será mañá venres no peirao da vila.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*