Chega a Pascua

Padrón 2017 - Festas da Pascua - cartel orquestras

A apenas unha semana para que empecen a chegar as atraccións de feira a Padrón xa coñecemos o cartel de orquestras e grupos que amenizarán unha das citas ineludibles na comarca: a Pascua padronesa.

Son 17 atraccións musicais, entre orquestras, grupos e a actuación de Pili Pampín, as que amenizarán a Pascua. O día 15 será a primeira cita diante do escenario de tres formacións musicais: SAUDADE; SOLARA e a CHARLESTON BIG BAND, que xoga na casa.

ACHÉ e o grupo AMÉRICA de Vigo poñerán o broche final á programación musical o día 23, pero ata esa data pasarán polo Espolón e a praza de entrada ao Souto grandes formacións como OLYMPUS, TROVADORES ou ASSIA, desde Asturias. LA FÓRMULA ofrecerá o seu novo e renovado espectáculo, igual que PANAMÁ, TANGO, LEDICIA ou CAPITOL.

Non faltará en Padrón un incondicional do cartel festivo, o grupo ATENAS, mentres que LA NUEVA PHILA demostrará na nova temporada por qué foi unha das orquestras revelación de 2016. Tampouco perderemos de vista a CINEMA, porque é unha desas orquestras que sempre sorprenden co seu espectáculo.

O cartel musical está á altura dun grande evento festivo como é a Pascua padronesa, e do resto do programa xa iremos informando a medida que se acheguen as datas. Só estamos a días do comezo dunha das grandes celebracións do mes, pero non será a única…

 

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*