Ortigueira vai a polos 100.000

0
366

ortigueira-2010-festival-celta-cartel

De xoves a domingo, Ortigueira pretende ser a capital da música en Galicia. É unha pretensión nada pretenciosa, as cifras de festeiros, ou folkies, de edicións anteriores avalan este soño que pode facerse realidade neste ano Xacobeo.

A banda CELTAS CORTOS abría, xunto cun festival de bandas e a actuación doutros grupos, a edición número 26 do Festival do Mundo Celta. De hoxe a domingo aínda pasarán polos escenarios bandas de recoñecido prestixio.

Xunto á banda de Cifuentes, tamén pasaron xa por Ortigueira na primeira xornada do afamado festival, os bretones KRêPOSUC, con ritmos enérxicos procedentes de Le Mans, ou OYSTERBAND, desde Canterbury. Tampouco faltou a música da terra representada por SUSANA SEIVANE.

As dúas seguintes xornadas presentarán estilos celtas de diferentes países; SHOOGLENIFTY, HERMANOS MOLARD, AFTERHOURS, GAELIC STORM, ANXO LORENZO, CRISTINA PATO ou LEILÍA pasarán polo escenario en Ortigueira.

Para o remate desta edición do Festival Celta contarase coa presenza de THE CRASS, XABI ABURRUZAGA e CELTIC MAZE.

Para obter toda a información necesaria hai operativa unha completísima páxina web con todos os datos que se poidan precisar así como un resumo doutras edicións, galería de fotos, etc, así como tamén o resto de actividades á parte da música.

A capital da música celta está, ata o domingo, en Ortigueira; cara ao final de mes haberá cambio de aires coa celebración das festas patronais.

Visitar: www.festivaldeortigueira.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*