Comezan hoxe as festas da Ascensión con multitude de actividades para todos os públicos, onde destacan as verbenas, concertos e atraccións de feira da Alameda.

Santiago de Compostela 2016 - Festas da Ascensión - cartel

Desde a pasada fin de semana xa funcionan as atraccións de feira na Alameda, presididas pola nora xigante itinerante das máis altas da Península que un ano máis volve a instalarse para as festas “pequenas” de Compostela (para o Apóstolo, normalmente, cóntase con outra de menor tamaño da mesma empresa).

A tradición, a vangarda, os grupos locais e as actividades para os máis cativos da casa conxúganse nunha nova edición das Festas da Ascensión que levarán a alegría e a diversión ata o próximo domingo aos composteláns e visitantes.

Orquestras como LEDICIA ESPECTÁCULO, PANAMÁ BAND, GRAN CASINO e SANTIAGO D.C. e grupos como FRED WESLEY, AURORA & THE BETRAYERS, LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS, DAVIDE SALVADO + BATIDA, CHICHARÓN, EFECTO PASILLO, MAD MARTÍN TRÍO, SOLEÁ MORENTE + WAS ou OS NOVOS forman parte do programa musical que cerrará o domingo a BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Unha oportunidade de gozar de Compostela en festas, as festas dos composteláns por excelencia.

Ascensión 2016 - Santiago 1 - faf

Toda a información da Ascensión 2016 no seguinte PDF:

http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/ProgramaFestasAscension2016.pdf

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*