Grandes verbenas nas festas da Coruña

0
392

Passarela 2009 - cartel

O programa das festas de María Pita 2009 vai avanzando. Aos últimos concertos destes días (MÄGO DE OZ rematou hai unhas horas a súa actuación na praza de Pablo Iglesias) hai que sumar as próximas verbenas que terán lugar na cidade.

Hoxe actúa a orquestra LOS SATÉLITES no Castrillón, na praza de Pablo Iglesias para rematar as festas do barrio que están enmarcadas dentro do programa María Pita 2009. A afamada orquestra é a encargada de amenizar a primeira das grandes verbenas que terán lugar durante o mes de agosto na Coruña e que rematarán coa gran Romaría de Santa Margarita como vén sendo habitual cada ano.

E mañá sábado terá lugar o segundo acontecemento verbeneiro, e esta vez a grande escala: tres orquestras serán as encargadas de poñer a música para o gran baile denominado NOITE ESTELAR. No Paseo Marítimo Riazor-Orzán actuarán as orquestras PASSARELA, LOS TROVADORES e MAQUINARIA BAND. Sen dúbida unha cita a ter en conta por parte dos amantes do verbeneo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*