Burela: festa antes de ir ao bonito

0
259

burela-patronais-2010-cartel

FESTAS PATRONAIS DE BURELA, ATA O LUNS 7 DE XUÑO

Burela abre hoxe venres, oficialmente, e ata o luns 7 de xuño as súas festas patronais, en honor á Virxe do Carme e San Xoán. A explicación de que en Burela esta celebración típica do 16 de xullo se celebre a estas alturas do ano non é outra que a campaña do bonito. Os mariñeiros que se dedican ao bonito, actividade principal da vila mariñeira de Burela, están en plena faena polas festas do Carme polo que a celebración dos festexos máis importantes do concello se vén adiantando todos os anos á primeira semana de xuño.

O programa, como vén sendo habitual, é moi completo, con actividades deportivas e a confección das alfombras florais o sábado 5 de xuño. Este último evento fai que Burela se encha de xente especialmente ese día. Ademais, as celebracións patronais da vila caracterízanse por un programa musical de primeiro nivel.

PROGRAMA MUSICAL BURELA 2010

DÍA 4 .- MASTER e OCÉANO. Concerto de DAVID CIVERA

DÍA 5.- ACHÉ e MONTES

DÍA 6.- JERUSALÉN e PALLADIUM

DÍA 7.- PHILADELPHIA e PANORAMA

Podes consultar o programa completo das festas patronais de Burela 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*