Cartel promocional do Corpus de Ponteareas, declarada Festa de Interese Turístico Internacional
Ponteareas xa está preparada para acoller outra edición das súas festas do Corpus Christi. Desde a pasada edición 2009, estas celebracións foron declaradas Festa de Interese Turístico Internacional.
Para esta nova edición hai preparada toda unha serie de actividades entre as que priman as relixiosas (misas, procesións e a confección das famosísimas alfombras florais) e as musicais. Pero tamén haberá competicións deportivas e un desfile de carrozas (domingo).
….. SÁBADO DÍA 5
CONCERTO: 00.30 no Parque da feira Vella LOS LIMONES
….. DOMINGO DÍA 6
VERBENA: 22.00 na Praza Maior ORQUESTRA MIRAMAR
CONCERTO: 22.30 no campo de fútbol do colexio Virxe dos Remedios AMAIA MONTERO
….. LUNS DÍA 7 (Festivo local)
VERBENA: 22.00 na Praza Maior PARÍS DE NOIA
Na páxina web do concello podes dispoñer do programa completo.