Despois de semanas nas que os industriais das atraccións de feira negociaban coa concelleira da área de festas poder instalar en Lugo as barracas para unha nova edición descafeinada das festas patronais por mor da pandemia, a negativa prevía que este ano, unha vez máis, o San Froilán quedase sen recinto feiral, por segundo ano consecutivo.

Ante a situación de presión dos barraquistas, que levan a maioría deles desde outubro de 2019 sen traballar, e tamén pola melloría da situación pandémica e a demostración de que as atraccións de feira son seguras despois de levarse a cabo feiras como As Dores de Lalín ou La Encina en Ponferrada (esta última cun recinto feiral de grande extensión), a propia alcaldesa de Lugo, Lara Álvarez, púxose á fronte do tema para intentar que o San Froilán, que non terá as casetas do polbo, cando menos si poida ofrecer as atraccións.

Hai, de seguro, un gran traballo detrás para poder anunciar hoxe que as atraccións de feira poderán entrar a instalarse o sábado pola mañá. Non serán seguramente todas as que estiveron en 2019, pois hai industriais que teñen a actividade dada de baixa e non lles compensa poñer todo ao día por só unha festa, pero aínda así estarán moitas das que xa o fixeron en 2019, último ano “normal” de todas as festas e feiras.

Alegrámonos do paso dado pola alcaldesa para permitir que o sector máis danado pola pandemia volva pouco a pouco á normalidade, por suposto con todas as garantías e medidas de seguridade que xa demostraron que as atraccións son seguras.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/80-feriantes-2019-preve-acudir-barracas-san-froilan/202109291039221528159.html?fbclid=IwAR3CoQVm53hxK_X3Wnzed9YdDcqFZTw4OXNYirt1-npE2MPWEyFmKLzEDKU

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*