A cantante Uxía Senlle abriu como pregoeira esta pasada noite as festas do Apóstolo en Santiago de Compostela. Aínda que o groso das celebracións será a partir da próxima fin de semana (as atraccións de feira da alameda de Santa Susana aínda non chegaron na súa maioría), desde onte xa se pode gozar dun completísimo programa festivo con actividades para todos os públicos e onde, obviamente, non pode faltar a música de distintos estilos así como a verbeneira, xa que no programa aparecen especificados máis de 30 sesións vermú, concertos e actuacións musicais.

Santiago_de_Compostela_2017_-_Festas_do_Apóstolo_-_cartel

En canto ás orquestras, serán MARIMBA o sábado 22, SUAVECITO o luns 24, ACHÉ o martes 25, D´LUXE o sábado 29 e, cerrando as celebracións con sesión de fogos de artificio incluída, a orquestra COMPOSTELA.

Podes consultar o programa completo clicando aquí:

http://www.santiagodecompostela.gal/medi/departamento/festas/Apostolo_2017/programa_festas_apostolo_2017_web.pdf

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*