Despois dos actos relixiosos da Semana Santa esta noite comeza oficialmente a Pascua de Padrón. Son 17 as orquestras e actuacións musicais que se darán cita ata o domingo da semana próxima nos dous escenarios da vila de Rosalía.

Desde a casa a CHARLESTON BIG BAND xunto con SAUDADE e SOLARA serán as encargadas de dar o pistoletazo de saída a unhas celebracións que se completan con múltiples actos deportivos, a feira de maquinaria agrícola, exhibición cabalar, fogos artificiais e un longo etcétera.

Como xa é tradicional, as atraccións de feira ocupan a explanada da piscina e o campo do souto mentres que o espolón completa a oferta de casetas de feira.

Como tamén é tradicional, os mercados dos próximos dous domingos matéñense e converteranse en dous dos máis concorridos.

Xa ole a polbo nas casetas padronesas… comeza a Pascua!

Padrón 2017 - Festas da Pascua - cartel orquestras

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*