Brothers in Band actuando na I Fiesta Dire Straits
FESTAS DO ROSARIO 2009, A CORUÑA. MARTES 6 DE OUTUBRO, PRAZA DE AZCÁRRAGA, 21:00 HORAS
É o concerto máis importante nas festas patronais da Coruña: BROTHERS IN BAND achegan o seu son con recendo a Dire Straits e tributando a toda unha figura da música de todos os tempos, Mark Knopfler.
Os integrantes da banda nada en 2007 son:
Óscar Rosende: Guitarra e Voz // Antonio Abad: Guitarra e Coros // Fernando Abenza: Baixo e Coros // Óscar Quintáns: Batería // Nacho Varela: Teclado e Coros // Miguel Queixas: Percusión // José Rodríguez: Saxo e Frauta // Gabriel Peso: Piano e Teclados // Ángel Ruiz: Steel guitar.
O enfoque do grupo, o seu estilo, está baseado principalmente na primeira etapa da banda británica, sobre todo temas dos tres primeiros discos (Dire Straits, Communique e Making Movies), pero sen esquecer outros éxitos como Money for nothing ou The Bug…
O grupo xa pisou escenarios de Galicia, Asturias, Castela e León e mesmo actuou nas cidades de Granada e Madrid (Sala Heineken). Hai que destacar a voz e o bo facer coa guitarra de Óscar Rosende, o son impecable do baixo de Fernando Abenza, a calidade extraordinaria da percusión a cargo do amigo Miguel Queixas ou son resultón dos teclados de Gabriel Peso.
Hoxe ás 21:00 horas a praza de Azcárraga coruñesa traerá aromas do mellor son de Dire Straits. Se podedes non o perdades.