A cantante Merche chegou á localidade de Ribeira coa súa xira Pasajeros para actuar na noite do sábado ante unha praza chea de público. Alí interpretou temas de todos os seus discos e fixo un repaso por todos os seus éxitos durante practicamente dúas horas de concerto. A artista gaditana atopouse en primeira fila, concretamente nas barras de seguridade, cunha bandeira galega co texto: “Merche, Galicia te quiere”, e un bo número de fans que corearon todas as súas cancións.
Un momento da actuación de Merche nas Festas do Verán de Ribeira.
Ao final do concerto houbo unha sesión de fogos artificiais, como xa viña sendo habitual tanto onte, despois do concerto Tributo a Antonio Flores, como antonte, coa actuación que abría as festas, Mägo de Oz.
Hoxe domingo cérranse os concertos coa actuación de Treixadura e as verbenas que se viñan celebrando tanto no Paseo do Malecón coma no parque García Bayón.
Ensaio e probas de son preceden o concerto de Merche en Ribeira.