Olympus presenta Al final del camino, a nova xira 2010

0
325

orquesta-olympus-2010-presentacion-novo-repertorio

Listaxe cos temas que se interpretarán no novo espectáculo de Olympus, Al final del camino. Podes clicar para ver a maior tamaño o repertorio

A orquestra máis famosa de Negreira, a OLYMPUS, presentará en breve o seu esperado novo espectáculo. Xa hai data oficial para a estrea. Será o próximo venres 28 de maio nas festas de Parada (Ordes).

Por primeira vez unha orquestra galega presentará un espectáculo que pretende distinguirse un pouco das tradicionais verbenas de baile e espectáculo como ata agora as entendemos. O repertorio forma parte dunha historia con principio, desenlace e final, con personaxes que darán vida a un espectáculo audiovisual diferente ao que normalmente estamos acostumados a ver nos campos de festa.

Pero iso non significa que o apartado de baile, principal nunha festa, se descoide, nin moito menos: a historia das personaxes de OLYMPUS que se enmarca dentro da nova xira denominada Al final del camino, dan paso a todo un repertorio de música para bailar e pasalo ben nunha festa. Deste xeito poderemos gozar das cumbias, canción española, rock, pop actual e de sempre, merengues, pasodobles e música destinada ás pistas de baile.

Coma sempre, un amplo repertorio pero esta vez enmarcado nunha historia que nos fará máis amena a festa. OLYMPUS espéranos ao final do camiño.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*