A cidade de Ribeira está a piques de comezar as súas grandes festas da Dorna, que traerán música e diversión durante unha semana. Despois de rematadas ditas festas, haberá unha paréntese de só unha semana para prepararse para o seguinte envite festeiro na capital da comarca do Barbanza, as Festas do Verán, do 02 ao 06 de agosto, para a que xa están confirmadas as actuacións de Mägo de Oz o día 3 e Merche o sábado das festas (5) na Praza do Peixe ou Praza de España.

Ribeira_2017_-_Merche

As atraccións de feira estarán situadas ao longo de toda a fronte marítima que vai desde a estación de autobuses á lonxa, e as verbenas no Paseo do Malecón e no parque García Bayón.

Ribeira_2107_-_Mägo_de_Oz

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*