Cartel de luxo en Parada de Amoeiro

0
525

https://mail.google.com/mail/?ui=2&ik=8f1b2705a8&view=att&th=129cdfb50b97a076&attid=0.1&disp=inline&zw

Espectacular cartel para as festas de Parada de Amoeiro, en Ourense, que hoxe comezan. Para abrir bo sabor de boca unha das poucas oportunidades de ver a orquestra HOLLYWOOD de Cantabria por terras ourensás. Grande espectáculo sen descoidar a boa música. Para o segundo día o bo facer dunha grande de Galicia, a COSTA OESTE desprega o seu completo repertorio para facer unha festa sen comparanza. O domingo outra orquestra de luxo: PARÍS DE NOIA, que chega a Parada co seu espectáculo de luz, son e repertorio bailable e vistoso. E para rematar o luns, unha das formacións que máis traballa estes últimos anos para facerse un oco entre as grandes e que o vai conseguindo. Repertorio completo con temas de baile e de lucimento de voces, posta en escena moi coidada e son espectacular: a JERUSALÉN cerrará as festas de Parada de Amoeiro.

Un cartel que non pode pasar desapercibido, e máis nestes tempos de crise.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*