Coristanco exalta o seu produto estrela: a pataca

0
387

grupo-aramio-2009-cartelO grupo Aramio e a orquestra Europa Big Band serán os encargados de amenizar as dúas verbenas da Festa da Pataca en Coristanco

Un ano máis, e xa van 29, celébrase a exaltación do produto estrela en Coristanco: a pataca. Patacas para botar por riba da cabeza. Con pementos, con zorza… poderemos probalas nos postos de degustación a partir das 13:30 horas o vindeiro domingo no centro da vila.

Pero a exaltación comeza o sábado, con música, festa infantil e animación,outra nova edición da Feira de maquinaria agrícola e a actuación dunha discoteca móbil. A verbena estará a cargo do grupo ARAMIO.

O día grande será o domingo, con desfile de tractores engalanados, concurso de empanadas (150 euros á empanada gañadora), concurso gastronómico da pataca (con 200 euros ao prato gañador), IV Festa Cabalar con churrascada campestre ás 14:00 horas, concurso de baile da pataca, competición de motoserras e moitas outras actividades relacionadas coa pataca…

A orquestra EUROPA BIG BAND será a encargada de cerrar esta nova festa gastronómica en Coristanco, Verxel de Bergantiños e Terra da Pataca.

PROGRAMA COMPLETO

SÁBADO 19

11:30 Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas “Maruxia”.
12:00 Dia do Neno.
Infantilandia.
De 12.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 h.
12:30 Inauguración da 10ª Feria da Maquinaria Agrícola.
22:30 Verbena amenizada polo Grupo Aramio.
0:00 Troula Animación.
1:30 Grupo Aramio e Discoteca Móvil.

DOMINGO 20

9:00 Dianas e alboradas.
– 10ª Feira da Maquinaria Agrícola.
– IV Concentración Cabalar.
– Gran Competición de Motosierrras Husqvarna.
9:30 Concentración de tractores engalanados, na Rúa da Pataca, Concursos Gastronómicos, Produtos do Campo, Figuras con Patacas e empanadas, Mercadillo de Patacas.
11:00 Pasarrúas durante todo o día coas charangas NBA, RUADA.
11:00 Animación de rúa cos Quinquillans e a Banda de Gaitas Revoltixo.
11:00 Desfile dos Tractores Engalanados, acompañados de cabalos.
13:00 Misa e Homenaxe ao heroe coristanqués Don Antonio Cancela Rodríguez.
13:30 Apertura dos Stands de Degustación: Patacas con Zorza, Patacas con pementos…
14:30 Entrega de Premios.
17:00 Concursos:
Baile da Pataca, Apaña da Pataca, Tiro da Corda, Trueiro da Pataca.
19:30 Gran actuación das Cantareiras de Ardebullo.
20:30 Animación a cargo das charangas NBA e RUADA.
21:00 Actuación especial de Orquestra Espectáculo Europa Big Band.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*