En Barrantes, nova edición da exitosa Festa do Viño. Orquestras de recoñecido prestixio e actividades variadas para unha celebración que remata o vindeiro luns co Día do Neno (atraccións de feira a prezos populares).

CHARLESTON BIG BAND e LEDICIA espectáculo para a primeira xornada verbeneira; orquestra TANGO acompañada pola ROYAL DE GALICIA na xornada do sábado e a nova proposta musical de LA FÓRMULA para cerrar o domingo as actuacións musicais. Unha oportunidade de achegarse ao concello de Ribadumia e aproveitar para gozar da súa gastronomía e paraxes naturais, e con festa moito mellor!

Ribadumia 2016 - XLIV Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*