Os concertos de Coti, La Oreja de Van Gogh e Roi Casal combínanse coas actuacións das orquestras Panorama, Principal, Marbella e Gran Parada. Todos os espectáculos serán gratuítos.

Betanzos 2017 - Festas de San Roque - cartel

O grupo vasco LA OREJA DE VAN GOGH é sen dúbida o reclamo principal para as festas de San Roque de Betanzos que, un ano máis, presentan un cartel de excepción. Aínda que será COTI quen abra as festas o próximo día 14 e haberá aínda outro concerto o día 20, do artista galego ROI CASAL. Tamén actuarán diversas charangas sobre todo os días das “Jiras” dos Caneiros e, como non, o lanzamento do globo de papel, o día 16, en que actuará a orquestra PRINCIPAL.

O 17 será a quenda para o festival BRIGAMUSIC con variedade de grupos e, en canto ás orquestras, ademais de PRINCIPAL o día do globo, un ano máis a incombustible PANORAMA (día 15), MARBELLA LIGHTS SHOW (día 18) e cerrando o 25 a rianxeira GRAN PARADA.

Como xa nos teñen afeitos en Betanzos, o cartel é ben atractivo e variado.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*