Toda a verbena cabe nun CD

0
567

orquesta-marbella-2010-caratula-1-cd1Carátula do novo CD da orquestra Marbella, terceiro da formación musical

Nestes días están a saír moitos CD de verbena. As orquestras aproveitan o comezo da temporada alta para dar a coñecer os seus novos traballos discográficos. Acaban de ver a luz os novos discos de FOLIADA ou GALILEA, en breve sae o de MARBELLA (que xa se pode escoitar enteiro na páxina web da orquestra). A TRÉBOL tamén saca novo traballo en cuestión de días, o novo disco da orquestra de Ferrol, o segundo, forma parte de toda unha batería de novidades (novo repertorio e novo escenario). A orquestra ACHÉ é outra das formacións que saca en breve disco, neste caso o primeiro, e tamén no caso desta banda, hai novo escenario (preséntase esta semana en Parada – Ordes).

O grupo ARAMIO cumpre 30 anos, para celebrar o aniversario hai tamén un CD que pretende recoller a historia musical das tres décadas de festas. Desde hai poucas semanas xa se pode conseguir o recopilatorio nas súas actuacións.

Pero non acabamos aquí, nin moito menos, a PHILADELPHIA tamén está a piques de ofrecer novo traballo musical con algún tema propio; o grupo SAMBA presentará en dúas semanas o seu que, xunto á estrea do novo escenario, son a principal baza para esta temporada dunha banda musical que está a facer un oco importante dentro do mundo das orquestras.

E COSTA OESTE, a orquestra liderada por Javi Comesaña, tamén ofrecerá novo CD. Neste caso o traballo musical será gratuíto para todos os fans da formación musical, e farase unha festa especialmente dedicada ao club onde se repartirá o disco e a camiseta.

De seguro que se nos escapan algúns traballos discográficos máis; deles iremos falando segundo vaian saíndo á rúa. Todas estas novidades veñen sumarse a outros discos que acaban de saír, como o novo de PANORAMA (CD que presentamos en primicia absoluta en Festa a Festa, e do que todos os beneficios irán parar á Asociación Española contra el Cáncer), OLYMPUS (O final do camiño), SUAVECITO (La vida es un cambalache) ou outros plenamente vixentes por saíren no medio da temporada pasada como o de LA OCA (Seguimos dun lado pra o outro) ou PALLADIUM (Mentalízate, do que haberá nova edición debido á grande acollida que tivo).

orquesta-foliada-2010-caratula-discoCarátula do novo CD da orquestra Foliada, 30 aniversario, dispoñible desde esta semana

En en canto a DVD, en breve estará tamén dispoñible o novo de PANORAMA, que recolle unha selección das actuacións da orquestra con outros artistas na II Gala contra o cancro, na pasada temporada.

E máis, seguro que hai máis… irémolos presentando en Festa a Festa aos poucos. Agora podes levar contigo a verbena a calquera sitio.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*