Alternativa festeira ao San Froilán

0
347

a-pontenova-2009-cartelNa Pontenova van estar de festas. As celebracións do concello lugués coinciden coa recta final do San Froilán e para contrarrestar na medida do posible, preséntasenos un cartel con catro días de festa onde actuarán moitas das orquestras máis tradicionais de Galicia.

O primeiro día de festas, o vindeiro venres, pasará pola localidade a orquestra DOMINÓ, o sábado actuarán as orquestras SOLARA e PLAYER’S. O domingo, día no que terá lugar o espectáculo da Queima Piromusical Dixital dos Fornos, actuarán as orquestras LOS SATÉLITES e COMPOSTELA.

As festas rematan o luns 12, igual que o San Froilán. En Lugo estará a PANORAMA e na Pontenova, a POCEIRO liderada polo gran mestre Miguel Torres.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*