Brothers in Band nas festas patronais da Coruña

0
460

a-coruna-rosario-2009-cartelComezan dentro dunhas horas as festas patronais da Coruña. Xa está todo listo para celebrar as festas na Cidade Vella coruñesa, o Rosario. A praza de Azcárraga será o escenario principal, como vén sendo habitual. O máis destacado e recomendable sen dúbida ningunha: BROTHERS IN BAND en concerto.

O cartel, hai que recoñecelo, salvando os concertos de BROTHERS IN BAND e LOS MECÁNICOS BAND, non é dos máis atractivos destes últimos anos. Vimos notando unha baixada en picado na programación das festas, recortadas en días e mais en actividades, que inclúe a supresión das populares verbenas na praza de Azcárraga.

Con todo haberá música e da boa nos concertos anunciados e outros estilos da man de CANTÁBILE, MEZCLA ou a TUNA DE VETERANOS, pero cremos que faltan actividades festivas típicas e tradicionais. Unha vez máis parece que as do Rosario son as festas “pobres” da cidade, todo se organiza para as de María Pita no verán e as do Rosario teñen cada vez menos gancho.

PROGRAMA COMPLETO ROSARIO 2009

Martes, 6 de outubro:

· Praza da Constitución, 18.00 h.

Programación Infantil: INCHABLES.

· Praza da Constitución e outras rúas, 19.00 h.

COMPARSA DE CABEZUDOS

· Praza da Constitución, 19.30 h.

-FESTA DA ESPUMA

· Praza das Bárbaras, 20.00 h.

Concerto de CANTÁBILE

· Praza de Azcárraga, 21.00 h.

Concerto BROTHERS IN BAND: Tributo Dire Straits

Mércores, 7 de outubro:

· Cidade Vella e praza de María Pita, 10.00 h.

DIANAS E ALBORADAS.

· Igrexa de Sto. Domingo, 10.30 h.

OFRENDA FLORAL Á VIRXE DO ROSARIO.

· Igrexa de Sto. Domingo, 12.00 h.

MISA SOLEMNE EN HONOR Á VIRXE DO ROSARIO.

· Praza de Azcárraga, 12.30 h.

Concerto de MEZCLA

· Praza das Bárbaras, 13.00 h.

ACTUACIÓN DE OS GAITEIRIÑOS

· Praza de Azcárraga, 17.30 h.

Programación Infantil: DANTHEA TEATRO, Carapuchiña Vermella ou o conto de Lobo.

· Iglesia de Sto. Domingo, Sta. María, Damas, Plazuela de los Ángeles, Plaza de María Pita, Riego de Agua, Luchana, Avd. Montoto, Santiago, Tabernas, Paseo de la Dársena, Parrote, Pza. Constitución, Príncipe, Sto. Domingo, 18.00 h.

PROCESIÓN DA VIRXE DO ROSARIO

coa intervención das corais Follas Novas, Sporting Club Casino e El Eco.

· Plazuela de las Bárbaras, 19.00 h.

Encontro de Corais: CANTARES GALLEGOS – FOLLAS NOVAS – SPORTING CLUB CASINO

· Praza de Azcárraga, 19.00 h.:

Concerto de TUNA DE VETERANOS

· Praza das Bárbaras, 20.30 h.:

AS DRIADAS: Bótoche unha man?

· Praza de Azcárraga, 21.30 h.:

Concerto de LOS MECÁNICOS BAND

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*