Olympus cerra no Obradoiro o Ano Xacobeo

0
430

Olympus 2010 - orquesta - cartel fin de anoA orquestra Olympus despide o ano no Obradoiro

Se o ano pasado era a orquestra PANORAMA a encargada de cerrar 2009 no Obradoiro, desta volta tócalle a outra das grandes: OLYMPUS. A orquestra de Negreira é a encargada de despedir 2010 e darlle a benvida a 2011 na praza máis carismática de Galicia, ao pé da catedral compostelá.

A banda chega xa coas súas novas incorporacións na dianteira, as cantantes Mar e Jessica. Xunto co resto da orquestra, chegarán a Compostela con novidades musicais e unha proposta un tanto distinta á xa anterior xira Ao final do Camiño. En 2011 o lema de OLYMPUS vai ser Aún más grande, e estamos seguros de que así vai ser.

No Obradoiro o día 31 para cerrar o ano, música de OLYMPUS minutos despois das 00.00 horas, unha boa proposta para acoller novo ano e nova temporada verbeneira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*