Ao concello do Pino, concretamente a Budiño, chegan este próximo sábado dúas orquestras de primeiro nivel, EL COMBO DOMINICANO e CINEMA, para montala gorda (festivamente falando). Unha das formacións musicais de máis sona do momento, que se foi facendo un oco principal na verbena galega ao longo destas últimas temporadas e outra orquestra que ano tras ano consegue admirar co seu bo facer e está tamén instalada nos primeiros postos das formacións máis populares da verbena galega, son a atracción principal das festas do Corpus, en Budiño.

O Pino 2016 - Festas do Corpus en Budiño - cartel

Pero a festa non remata o sábado, o domingo haberá tamén sesión vermú e verbena a cargo do trío ALBORADA. Inchables, touro mecánico e tapas degustación na cantina na sesión vermú dominical completan o programa das festas de Budiño 2016.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*