Estamos a escasas horas do comezo dunha nova festa que esperemos que se vaia afianzando ao longo do tempo. Terra de festas importantes é Rianxo, polo que esta iniciativa ten que brillar con luz propia entre tanto nivel festeiro.
E non será que o cartel da I Festa da Xuventude o desmerece. Dúas orquestras de nivel e unha discoteca móbil con artistas na súa dianteira para unha noite que encherá de festeir@s a explanada do porto.
A máis que acreditada CHARLESTON BIG BAND e a que o pasado ano principiaba ofrecendo un espectáculo de primeira orde e que este ano quere “arrasar” literalmente alá onde vaia: LA FÓRMULA. Dúas orquestras de primeirísimo nivel acompañadas pola discoteca móbil EME MUSIC, na que a rianxeira Eva Iglesias Miguens (ex ABANICO, ex MARBELLA) -que ademais está triunfando no programa Land Rober da TVG- ofrecerá o mellor do seu traballo xunto con outras dúas artistas.
O dito, estamos a escasas horas dunha noite de festa inesquecible para ir quentando motores de cara á temporada alta, que no Barbanza é especialmente activa en festas e eventos.