As festas do Carme -esta fin de semana- e da Fraga -a próxima- son as celebracións de máis sona de toda a comarca.
Un contundente programa musical conformado polas consideradas mellores orquestras do momento (PANORAMA, PARÍS DE NOIA, COMBO DOMINICANO, MARBELLA LIGHTS SHOW, GRAN PARADA, LOS SATÉLITES…) e grupos folk de renome fan que a cita das Pontes sexa esperada por milleiros de festeiros.
Destaca o día 25, Día da Fraga, coa actuación de MÄGO DE OZ e a sesión vermú coa orquestra GARIBALDI, na que sen dúbida debe ser a sesión vermú máis concorrida de toda Galicia.
Boas Festas!