O grupo pontevedrés Triunfo abre as festas de Xuanzo (Abegondo) xunto coa orquestra coruñesa Alarma
A parroquia de Xuanzo, no concello coruñés de Abegondo está tamén de festas. A celebración de San Lucas trae a verbena durante tres días.
Para a ocasión colocouse unha gran carpa no campo das festas para despreocuparse polo tempo que vaia, aínda que non hai perigo de que chova durante toda a fin de semana.
Agradecemos a Carlos García que nos enviase o programa de orquestras.
VENRES 16
Gran churrascada e actuación do grupo TRIUNFO e a da orquestra ALARMA.
SÁBADO 17
Actuación de CHICAS SHOW de Pontevedra.
DOMINGO 18
Fin de festas coa actuación do grupo LIBERTAD.