O grupo Assia xa está inmerso na temporada 2011 con moitas sorpresas e esceanario novo
Publicamos hoxe a segunda entrega de vídeos do grupo asturiano ASSIA. Cumbia, merengue e moito pop e rock de todos os tempos. O grupo ASSIA pode presumir de ter un dos repertorios máis completos na verbena actual; e tamén máis distinguido e elegante. Nunha festa con ASSIA é posible gozar de temas que só interpretan eles.
Hoxe traemos catro vídeos máis onde combinamos cumbia con rock de primeira liña tributo a Status Quo, e pop e dance actuais. Con ASSIA hai música de todos os estilos. Pronto poñeremos máis.
PRÓXIMA GALERÍA DE VÍDEOS: ORQUESTA GRAN CANARIA