Máis festas de San Pedro para non deixar de bailar

0
330

muros-festas-de-san-pedro-2009-cartel-pequeno

Publicamos os carteis de dúas novas festas de San Pedro para estes días finais do mes de xullo. Podes consultar o noso calendario para saber onde hai festa.

Os concellos de Muros e Riotorto celebran as súas festas en honor a San Pedro. No caso de Muros, tamén haberá festas polo Carme, dentro de tres semanas, mentres que Riotorto celebrará as festas de San Cristovo, tamén en breve.

A listaxe de formacións musicais que pasarán por estas festas é de gran calidade: A CHARLESTON BIG BAND de Padrón, COSTA OESTE, a PARÍS DE NOIA, a orquestra NOVA PALMA de Corcubión, JERUSALÉN, CINEMA, a orquestra viguesa TANGO, FANTASÍA e o grupo MIDAS.

riotorto-2009-cartel

Agradecemos a Félix Cabodevila que nos facilitase os carteis das festas de San Pedro e San Cristovo en Riotorto.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*