As últimas de Ribeira

0
311

ribeira-festas-santa-uxia-2009-cartel

A localidade de Ribeira segue organizando festas. Despois da Dorna, das festas do Verán, do Callerock e da feira mariñeira, aínda quedan as festas patronais. Santa Uxía vístese de festa esta fn de semana. O prato forte: LAMATUMBÁ.

As festas “pequenas” de Ribeira serán a vindeira fin de semana: o venres actuará a orquestra JERUSALÉN e o grupo LAMATUMBÁ. O sábado actuará a orquestra FOLIADA e haberá un segundo gran concerto, esta vez da man de DIOS SALVE A LA REINA, grupo que tributa a QUEEN. O domingo haberá diferentes actividades lúdicas que poñerán o punto e final ata o vindeiro ano, porque na localidade de Ribeira xa non haberá máis festas… e non estivo nada mal a convocatoria de 2009.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*