Mario, ex grupo Tekila, gaña Operación Triunfo

0
491

mario-alvarez-ot-2009

Fonte: Formulatv.com

Mario Álvarez logrou entrar na historia de Operación Triunfo tras lograr o voto maioritario da audiencia. Malia o igualado das votacións, o ovetense reuniu o 50,5% dos votos fronte ao 49,5% que sumou Brenda Mau, a súa gran competidora, convertendo a final de OT na máis axustada ata o último minuto.

Mario aproveitou as cámaras para agradecer o apoio e mais o cariño de todos os seus compañeiros e, sobre todo, para darlles as grazas a todas as persoas que desde sus casas gastaron os cartos para apoialo.

O novo gañador de OT é ben coñecido no mundo das orquestras en Galicia por ser ata hai uns meses un dos vocalistas do grupo TEKILA. A formación musical, aínda que é asturiana, traballa moito en Galicia, en parte por ser levada por unha axencia galega: Espectáculos Lito S.L.

mario-grupo-tekila-2008En primeiro plano Mario, como integrante do grupo Tekila en 2008. Fonte: web do grupo Tekila

O ex Tekila aparecerá en breve co seu primeiro disco en solitario baixo o brazo. Desexámoslle desde Festa a Festa toda a sorte do mundo e alegrámonos por ter gañado o noso favorito.

PREGUNTA

Por que na edición de David Bisbal todo o mundo coñecía o nome da orquestra na que traballaba ata entrar no concurso e este ano non se permitiu que trascendesen os nomes das formacións musicais de varios concursantes, entre eles Mario?

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*