Novo Mesoiro: un barrio e unhas festas que van a máis

0
398

Festa Novo Mesoiro 2009 - A Coruña - cartel

Cartel das festas de Novo Mesoiro 2009 (A Coruña). Podes clicar na imaxe para ver a información a maior tamaño

Esta fin de semana a cita festeira na Coruña queda na cidade: o barrio de Novo Mesoiro. A asociaicón de veciños ten preparadas unhas festas que prometen ser todo un éxito e son un fiel reflexo da puxanza do barrio, que cada vez vai a máis.

Polo de pronto a cita deste ano componse de tres días de festa fronte a un do ano pasado. Diversas competicións, algunhas delas ben curiosas como a carreira de carros de bebé ou o lanzamento de chupetes, verbenas e celebracións gastronómicas (churrascada e pulpada) son o máis destacado do programa 2009 de Novo Mesoiro.

A asociación tamén pensou en ter un detalle cos seus socios regalando dúas entradas para as atraccións que se instalarán este ano nas festas, concretamente na rúa Ancares. Para máis información contactar coa Asociación de Veciños Novo Mesoiro, o mesmo que para apuntarse nalgunhas actividades programadas.

As verbenas estarán a cargo das seguintes formacións musicais: hoxe venres tocarán o grupo AMÉRICA e a orquestra PRINCIPAL e mañá sábado tócalles ao grupo ISLA e a orquestra RITMO JOVEN.

Só queda cruzar os dedos para que o tempo acompañe, aínda que os prognósticos non son moi favorables. Noutro barrio coruñés, Os Rosales, a sardiñada coa actuación da orquestra SUPERCOMBO que estaba programada para mañá día 6, como broche final de festas, cámbiase para o día 13 por ameaza de chuvias.

Máis información na web da AAVV Novo Mesoiro

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*