Son as máis populares do concello, e este ano tamén as máis longas. Nada menos que 9 días de festas para celebrar o Carme en Marín.

Marín 2016 - Festas patronais - cartel

Música de todos os estilos, orquestras variadas, moitas actividades deportivas e lúdicas… o concello de Marín presenta un cartel de primeiro nivel para celebrar as festas máis importantes do concello.

VENRES 8.- Comezan as festas coa actuación de músicos e grupos variados coa presentación de BELÉN ROCA: LA RICURA, ROMÁNTICO LATINO, GUILLERMO CASTRO, NEWMAIK, LESTER & ROBE, TISU, DJ CHARLIE.

SÁBADO 9.- Un dos pratos fortes do Carme de Marín 2016: concerto de MALDITA NEREA.

DOMINGO 10.- Chega o día de PANORAMA; a praza quedará pequena para acoller unha das principais orquestras galegas.

LUNS 11.- Unha de verbena clásica. Chega a Marín unha das orquestras máis elegantes do momento: ROYAL ORQUESTA DE GALICIA.

MARTES 12.- El swing de EL COMBO DOMINICANO; cheo asegurado.

MÉRCORES 13.- É o día da orquestra CINEMA, unha formación que trae un forte espectáculo e que non deixa indiferente a ninguén.

XOVES 14.- Un exemplo de orquestra que en poucos anos se colocou nos primeiros postos de popularidade nos campos das festas: MARBELLA LIGHTS SHOW.

VENRES 15.- Unha proposta diferente. Un concerto festival no que actuarán SUPERSINGLES (do programa de María Teresa Campos, Qué tiempo tan feliz), ALBERTO COMESAÑA (Amistades Peligrosas), JOAQUÍN PADILLA (Iguana Tango) e PABLO NEREA (La Trampa). POr se fose pouco, ración dobre na verbena coas populares orquestras: PONTEVEDRA e TELEVISIÓN.

SÁBADO 16.- A orquestra MIRAMAR co seu repertorio variado poñerá fin ás impresionantes festas de Marín.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*