Dúas xornadas de boa festa en Xeve

0
393

finalHoxe bota a andar a Gran Parada 2010 en Santa María de Xeve, Pontevedra

A parroquia pontevedresa de Santa María de Xeve celebra as súas festas 2009 durante hoxe luns e mañá martes, día da Inmaculada. Para a ocasión a comisión conta coa actuación de catro grandes orquestras:

LUNS 7.- ORQUESTRAS MIRAMAR e GRAN PARADA

MARTES 8.- ORQUESTRAS SINTONÍA DE VIGO e MARBELLA LIGHTS SHOW

As orquestras MIRAMAR e GRAN PARADA serán as encargadas de amenizar o primeiro día de festas. GRAN PARADA presenta hoxe o que será a súa xira 2010.

SINTONÍA DE VIGO, que comezou xira o pasado venres na Coruña, e MARBELLA LIGHTS SHOW que comeza hoxe en Brives, Cambre, despois de suspender o debut do día 5 debido ao temporal, serán as encargadas de cerrar as festas en Santa María de Xeve. Un único cambio nos teclados para a orquestra viguesa fronte a unha profunda renovación na MARBELLA, que dará moito que falar este ano. Ao cambio de varios músicos hai que sumar a incorporación a maiores dunha nova voz masculina e da renovación das cantantes femininas (Krystie, ex OLYMPUS e SUAVECITO ORQUESTA, e Irene de PANORAMA, que durante este mes de decembro será substituída por Cristina Souto, ex ABANICO e nova voz LIMÓN 2010).

A festa está máis que recomendada en Xeve estas dúas próximas noites.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*