Son as festas do barrio do Pilar, na Coruña, con celebracións ata o próximo sábado. A populosa barriada estará de festas para honrar a patroa dunha parte do barrio, con orquestras como JERUSALÉN, LOS SATÉLITES e VERSALLES, o grupo KALIMA 3.0 e outras actividades como a homenaxe a Pucho Boedo ante a estatua situada na barrio.

A Coruña 2016 - Festas do Pilar no barrio do Ventorrillo - cartel

Os pequenos da casa poderán gozar de atraccións de feira situadas na rúa Monasterio de Caaveiro, onde tamén terán lugar as catro verbenas.

Son as penúltimas celebracións de barrio na Coruña, pois as derradeiras do ano, curiosamente, serán as de San Francisco Xabier en decembro, no mesmo barrio pero na zona que dá á Ronda de Outeiro. A música de verbena volverá a esta parte da Coruña dentro de dous meses escasos.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*