Cerceda acolle a festa anual de “Pensando en ti”

0
454

Orquestra Jerusalén 2009 fotocomposición

Fotocomposición da orquestra Jerusalén tomada da nova web

VIII ENCONTRO DOS OÍNTES DO PROGRAMA RADIOFÓNICO “PENSANDO EN TI”. DOMINGO 7 DE XUÑO NO AQUAPARK DE CERCEDA

Un ano máis o parque acuático de Cerceda acolle a xuntanza ou festa anual dos seareiros e oíntes do programa da Radio Galega Pensando en ti presentado por Marcial Mouzo todas as noites de luns a xoves de 3:00 a 7:00 da mañá. E parece que será a última vez, xa que o presentador informou de que remata o programa este mes de xuño.

Coma cada ano, para a festa contarase coa actuación de dúas grandes orquestras, nesta edición serán JERUSALÉN e SINTONÍA DE VIGO. Os compoñentes das bandas lideradas por Jorge (JERUSALÉN) e Arturo (SINTONÍA DE VIGO) farán do domingo unha xornada irrepetible.

O parque acuático abre ás 10:00 e haberá diversos actos ata as 12:30, hora en que comezará a actuar a JERUSALÉN. Haberá dous pases de cada orquestra e a festa rematará ás 21:00 horas.

Para o evento hai numerosas rutas con autobuses postos por moitos concellos e asociacións para facilitar a viaxe a todos aqueles que queiran asistir. Tamén estará, como non, a Radio Galega e a TVG.

Aínda que parece que poida chover o próximo domingo, de seguro que a festa no aquapark de cerceda congregará a milleiros de persoas como cada ano; e este ano máis se cabe, pois pode ser o último.

sintonia-de-vigo-2009-cartel

Cartel da orquestra Sintonía de Vigo 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*