As atraccións de feira empezan a chegar á Alameda para funcionar nas festas máis importantes de Compostela. Algunhas aínda non estarán ata o próximo martes, xa que proceden das festas de Bouzas, en Vigo, que se celebran esta fin de semana.

Santiago de Compostela 2016 - Festas do Apóstolo - cartel

Pero con ou sen atraccións, o programa do Apóstolo ábrese hoxe, entre outros eventos, co concerto de DEOLINDA. As festas celebraranse ininterrompidamente ata o vindeiro domingo 31 de xullo, día no que terá lugar o concerto de ROI CASAL e a última verbena na Alameda a cargo da orquestra TAMARINDOS.

Ese domingo tamén terá lugar a tirada de fogos fin de festa no Campus Sur, aínda que os fogos por excelencia en Santiago son os previstos no Obradoiro a noite do 24.

Programa completo das festas do Apóstolo en Santiago de Compostela.

http://santiagodecompostela.gal/imxd/axenda/doc/1467964654BrochureDEF.pdf

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*