Os Rosales vístense de festa durante unha semana

0
425

os-rosales-a-coruna-festas-2009-cartelPodes clicar para ver toda a información das Festas dos Rosales 2009

FESTAS DO BARRIO DOS ROSALES (A CORUÑA) ATA O DOMINGO 7 DE XUÑO

O barrio coruñés dos Rosales comeza hoxe sábado oficialmente as súas festas patronais. Ata o vindeiro sábado o entorno da Praza Elíptica vístese de festa cun cartel moi variado onde por faltar, non falta nin unha charla coloquio de literatura infantil.

Non é paixón de veciño, abonda con botarlle unha ollada ao programa para ver o completo que é: actuacións musicais da tuna de veteranos, Adagio Cantabile e Minibandastic, a busca dun tesouro virtual (O Tesouro de Drake), exhibición de trapecio acrobático, Bulla burbulla, exposicións de debuxo, taller de maquillaxe, concurso de tortas e doces, o mércores a charla coloquio a cargo de Manolo Rivas, taller de olería, xogos en rede, Torneo de Dominó Interveciñal, xornada de Astronomía… e así ata as últimas actividades que rematarán o domingo.

E en toda festa que se precie non pode faltar verbena. Este ano as orquestras tocarán os dous sábados; hoxe actuará AMÉRICA SL (que xa estivo nas festas dos Rosales hai dous anos) e o próximo sábado, como broche final despois da xa tradicional sardiñada anual no barrio, tocará a orquestra SUPERCOMBO.

A sardiñada dos Rosales, organizada polos comerciantes e hosteleiros do barrio e na que colabora a AA VV será sen dúbida un dos reclamos máis importantes das festas, que fai que moitos veciños doutros barrios e mesmo de fóra da Coruña se acheguen ese día ao noso barrio.

Moitas das actividades programadas para as festas precisan de inscrición. Para iso hai que poñerse en contacto co centro cívico ou coa asociación de veciños, responsable da organización das celebracións do barrio outro ano, festas que van cada vez a máis.

AAVV Los Rosales

Blog barrio de Los Rosales

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*