Unha tortilla ben xeitosa

0
522

Grupo La Oca 2009La Oca, o grupo liderado por Dani Dopazo (segundo pola esquerda), ameniza a Festa da Tortilla xigante en Carcacía (Padrón) / © fotografía roxegar 2009

A partir das dez mañá en Carcacía (Padrón) poñen a tixola ao lume para facer a tortilla. E falta fai o tempo porque non será unha tortilla calquera, é o día da Festa da Tortilla Xigante.

Á parte do xantar a poucos metros do Xardín dos Namorados padronés, haberá outras actividades como unha exhibición de aeróbic, un pregón a cargo do popular locutor de radio e xornalista Marcial Mouzo e, como non, tamén música. A sesión vermú e a verbena estará amenizada polo grupo LA OCA de Sanxenxo, unha das formacións musicais con máis datas asinadas para esta temporada.

Gran tortilla, e tan grande como que se precisará un guindastre para lle dar a volta, e gran verbena por parte de Dani, Mónica ou o gran Puma Rodríguez e o resto da formación musical pontevedresa. Un gran día de festa en Carcacía, a poucos metros do centro de Padrón.

PROGRAMA COMPLETO

– Ás 10h. dará comezo a preparación da tortilla

– Ás 13h. EXHIBICIÓN DE AERÓBIC polas alumnas da asociación cultural San Pedro de Carcacía

– Ás 13.30h. daráselle a volta á tortilla cunha gran grúa

– A continuación PREGÓN a cargo do XORNALISTA E LOCUTOR DA RG MARCIAL MOUZO

– Seguidamente repartiranse as racións de tortilla

– A sesión vermut estará amenizada polo grupo LA OCA e a CHARANGA APELES

* verbena durante a tarde ata as 11 da noite coas citadas actuacións; haberá servizo de pulpería e churrasco, e por suposto conxurarase unha GRAN QUEIMADA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*