María Chenlo: unha ilusión cumprida

0
431

maria-chenlo-2009

Estes días estamos a falar moito da fermosa vila de Padrón polo aniversario da súa orquestra máis famosa, a CHARLESTON BIG BAND. Pois no aspecto musical non remata aquí o conto, xa que acaba de saír á luz o primeiro traballo discográfico dunha artista da comarca que vai dar moito que falar e á cal lle desexamos o maior dos éxitos na súa carreira musical: MARÍA CHENLO.

Un obxectivo deste blog é promocionar a aqueles artistas que teñen ou tiveron que ver co mundo das orquestras, que moitos hai pola nosa terra. María Chenlo formou parte durante unha temporada da orquestra RUADA sendo moi noviña, e anos despois formou parte do dúo STÉREO xunto coa súa parella. Despois de moitos traballos e ilusións xa está aquí o seu primeiro disco: Ahora toca ser feliz.

Despois de coñecer o seu primeiro single, que podes escoitar na súa páxina web, calquera se dá conta de que aquí hai material, e do bo. E é que a vila de Padrón segue dando artistas de calidade.

Podes coñecer máis sobre MARÍA CHENLO consultando a completa reportaxe publicada polos compañeiros de Galicia en festas

Web de María Chenlo

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*