Fichaxe estrela en Marbella

0
439

orquesta-marbella-2011-noelia-solleiro-fotoA cantante da orquestra Cinema, Noelia Solleiro, ficha por Marbella 2011

Desde Son de Estrelas víase que esta moza tiña futuro. Non foi máis que saír do programa da TVG e fichar por unha agrupación musical. Pero onde realmente se coñeceu a Noelia Solleiro foi nesta temporada 2010 pola súa incorporación a CINEMA. Renovación de voces que fixo que na orquestra aterrasen dúas novas cantantes, Noelia e Vanessa (que xa estivera na formación na súa etapa como grupo).

Pois xa está confirmado que Noelia Solleiro continúa a súa carreira profesional noutra orquestra, nada menos que MARBELLA. É a nova fichaxe confirmada desde a propia formación musical para Festa a Festa, e posiblemente a única. O abandono de Kristie Jiménez fai que en MARBELLA haxa que contar cunha nova voz, e non calquera voz dada a calidade existente. MARBELLA levou a cabo unha profunda renovación no cadro de músicos e nas voces en 2010 e parece que, dado que ese cambio importante foi efectivo, en 2011 seguirá a mesma formación con só esta fichaxe e quizais outra que se está barallando.

Polo tanto en 2011 parece que os cambios en MARBELLA serán mínimos e poderemos seguir gozando dunha orquestra de calidade cun son excepcional e un repertorio moi bailable. Na próxima temporada a orquestra pontevedresa contará cunha nova e atractiva cantante; Noelia chega a MARBELLA.

________________________

Se queres saber máis sobre Noelia Solleiro o próximo día 6 de outubro na TVG, no novo programa Solaina, a partir das 17:15 horas e ata as 18:00 podes vela nunha entrevista.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*