París de Noia: concerto “Máis de 50 anos de festa”

0
427

Festa do Viño Tinto do Salnés - 2009 - Barrantes (Ribadumia) - cartel

XXXVII FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS E CONCERTO “MÁIS DE 50 ANOS DE FESTA”, BARRANTES (RIBADUMIA). 5, 6 E 7 DE XUÑO 2009

Chegou unha edición máis da Festa do Viño Tinto do Salnés, en Barrantes (Ribadumia); pero esta vez é especial, porque acolle o concerto da orquestra PARÍS DE NOIA para celebrar os seus máis de 50 anos de música coa participación, entre outros artistas, de Decai, Melendi, Manuel Carrasco, David Civera ou Rosa. Miles de persoas achegaranse á carballeira de Barrantes para celebrar o aniversario dunha das orquestras máis prestixiosas e cotizadas do panorama orquesteiro galego.

Ao cartel de artistas hai que sumar o grupo Calle París, como xa informamos hai un par de semanas. O concerto comeza ás 23:00 horas.

Pero a 37 edición da festa de Barrantes non remata o venres. Á celebración de PARÍS DE NOIA hai que sumarlle o espectáculo doutras catro orquestras de primeira liña para o sábado e o domingo. Para a noite do sábado están programadas as actuacións de CINEMA e JERUSALÉN. e para cerrar a festa o domingo contarase con PHILADELPHIA e PANORAMA. Ademais, a cita festeira de Barrantes inclúe diversas actividades gastronómicas e deportivas para completar o programa.

A orquestra JERUSALÉN, que actuará o sábado, pouco vai poder descansar xa que estará ás 12:30 horas do domingo en Cerceda, noutra actuación importante coa SINTONÍA DE VIGO.

París de Noia Concerto Máis de 50 anos de festa - 2009 -cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*