O mes de abril chegará forte. Ademais dalgunhas das primeiras grandes festas populares, é a data de celebración do considerado, hoxe por hoxe, maior festival de orquestras en Galicia: EXPOVERBENA 2017.

Lugo 2017 - Expoverbena - cartel

10 grandes formacións verbeneiras e a colaboración de dúas atraccións musicais máis conforman o groso do cartel deste ano, que sen dúbida encherá o Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo como vén facendo edición tras edición. Servizo de bar restaurante, atraccións para os pequenos, photocall, sorteos e moitas sorpresas máis espérante os días 7 e 8 de abril en Lugo.

Aquí podes consultar toda a información facilitada pola organización do evento

XIII Edición anual do maior Macro-Festival de Verbena en Galicia.
Entrada gratuíta, amplo aparcadoiro, servizo de restaurante e bar, atraccións e actividades para os máis pequenos, stands informativos e moita música e espectáculo. Realizaranse sorteos entre o público e as comisións de festas asistentes ao evento.

VENRES 7 DE ABRIL A PARTIR DAS 20:30 H.
• Orquestra Suavecito.
• Orquestra Los Españoles.
• Orquestra Costa Dorada.
• Orquestra Poceiro.
• Orquestra La Fórmula.

SÁBADO 8 DE ABRIL A PARTIR DAS 20:30 H.
• Orquestra Salsarena.
• Grupo Limón.
• Orquestra Israel.
• Orquestra Breixa Band.
• Orquestra Elite Asturias.

Ademais destas actuacións tamén gozaremos das de dous artistas convidados:
• A Roda.
• Verónica Cambón.

STANDS INFORMATIVOS:
Na entrada ao local dispondranse stands informativos da empresa organizadora MUSICALIA LUGO, así como de GENERALI SEGUROS que cada ano se suma a este evento para informar a todo aquel que se queira achegar ata eles. Nestes stands encontraredes catálogos, folletos, merchandising, etc., ademais dos profesionais de cada un que con sumo gusto vos atenderán.

ANIMACIÓN INFANTIL:
Como é costume neste evento, tamén pensamos nos máis pequenos polo que un ano máis poderán divertirse coas atraccións inchables, as pinturas faciais, os xogos con globos e outras actividades que temos reservadas para que todos eles tamén leven un grato recordo deste festival.

SERVIZO RESTAURANTE:
Non hai festa que se precie que non se acompañe dun bo manxar, e por iso tamén haberá un servizo de restaurante e bar, a cargo de O BIGOTES, durante todo o evento.
O menú especial inclúe EMPANADA, LACÓN, CHURRASCO, PAN, BEBIDA, SOBREMESA e CAFÉ, cun prezo de 12 Euros. Os tiques de menú pódense adquirir no stand de MUSICALIA.

CONCURSO PHOTOCALL:
Participa no concurso fotográfico de EXPOBERVENA 2017.
Fai fotos no photocall da entrada ao recinto e compárteas nas redes sociais co hastag #expoverbena17 Entre todos os participantes, elixiremos a fotografía máis orixinal e simpática e premiarémola cunha cea para dúas persoas.

RETRANSMISIÓN EN DIRECTO:
O mesmo que na edición anterior, todo o evento será emitido en directo a través do canal YouTube de MUSICALIA LUGO, a empresa organizadora de este evento. Deste xeito, aqueles que non poidades acudir presencialmente tamén o poderedes desfrutar desde a comodidade das vosas casas en calquera parte do mundo.

Canal YouTube de MUSICALIA LUGO: https://www.youtube.com/c/MusicaliaLugo

Todo isto e moitas sorpresas máis en EXPOVERBENA LUGO 2017. Non faltes! Esperámoste!

Para máis información podes contactar co organizador nos seguintes enderezos:
MUSICALIA LUGO – www.musicalialugo.com
Teléf.: 982.100.987 (Oficina) – 609.307.470 (Félix Cabodevila)
e-mail: info@musicalialugo.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*