A orquestra Philadelphia actuará en Porto do Son o martes 8 para dar paso a outras tres grandes orquestras que tocarán ata o venres
O concello de Porto do Son está de festas, e son as máis importantes do concello. Aínda que en Porto do Son se pode gozar de diversas festas ao longo do verán, é agora cando esta localidade mariñeira se viste coas súas mellores galas para ofrecer aos seus veciños e visitantes cinco días de celebración.
Orquestras como PHILADELPHIA, SUAVECITO, MIRAMAR e PANORAMA poñerán a parte musical a unhas festas que anuncian o final da temporada na zona.
As festas comezan o luns coa actuación dun grupo musical. O martes chegará á localidade a orquestra PHILADELPHIA e o mércores farao a SUAVECITO. O xoves é o día programado para o espectáculo El Gran Musical da orquestra PANORAMA e o venres, como fin de festas, actuará a orquestra MIRAMAR.
PROGRAMACIÓN DE VERBENAS PORTO DO SON 2009
…..LUNS 7
GRUPO MUSICAL
…..MARTES 8
ORQUESTRA PHILADELPHIA
…..MÉRCORES 9
ORQUESTRA SUAVECITO
…..XOVES 10
ORQUESTRA PANORAMA
…..VENRES 11
ORQUESTRA MIRAMAR
MÉRCORES 9, ORQUESTRA SUAVECITO