Cambio importante nun grupo de verbena importante. Pablo G. Somoza abandona o grupo asturiano ASSIA despois de cinco anos de traxectoria.

(Pablo González Somoza, segundo empezando pola esquerda en calquera dos dous carteis).

Assia 2015 - grupo - cartel

Os cambios nas orquestras e grupos de verbena están á orde do día e máis a partir de setembro, cando se empezan a perfilar os cambios e novas fichaxes de cara á seguinte temporada. Pero falar de cambios nun grupo como ASSIA soa raro, pois é unha das formacións musicais máis estables do panorama verbeneiro galego e, neste caso, asturiano.

Pablo G. Somoza chegaba a ASSIA hai cinco anos, procedente da orquestra OLYMPUS onde indiscutiblemente se fixo moi popular. Era unha aposta segura e, visto o visto, queda máis que probado que estamos a falar dun músico de primeirísima fila. Pero despois de cinco temporadas o músico galego decidiu cambiar de aires e así ASSIA pasará a contar cunha nova peza nas súas filas: Iván Rodríguez, outro musicazo deses que se fan notar, procedente de GARIBALDI pero que pasou por outras formacións, entre elas o grupo AMÉRICA de Vigo.

Despois de 22 anos de traxectoria impecable, ASSIA encara 2018 con novidades importantes: nova montaxe, novo repertorio e novo músico, sen dúbida unha noticia de alcance nun grupo musical onde raramente se producen cambios.

ASSIA 2017 - grupo - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*