Un san Roque do Monte previsivo

0
426

Zas 2011 - Mira Romaría de San Roque do Monte - cartel

Xa temos cartel doutra das romarías grandes do concello de Zas, o san Roque do Monte, en Mira. Será aínda en agosto pero xa podemos ofrecer o programa. Igual de previsores e traballadores que os amigos de Moraime, en Muxía, que xa presentaron o seu cartel de agosto hai un mes, os de Zas non queren ser menos e ofrécennos un programa onde destaca a actuación de dúas orquestras: NOVA IMPERIAL e ESTRELLAMAR.

Como novidade importante hai que indicar que esta romaría cambia lixeiramente de data. Ata agora celebrouse no propio día de san Roque, caese cando caese; a partir desta edición a festividade pasa a sábado para poder congregar a un maior número de festeiros e que as famosas merendas do campo da festa se enchan de xente que en día laboral non podería ir. Esta edición será, polo tanto, o día 27 de agosto.

Volveremos a lembrar esta festa cando estea próxima a celebrarse, pero non está mal ir facendo plans festeiros para este verán. Xa temos aquí outro, para ir facendo o calendario…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*