París de Noia e Philadelphia cara a cara en Parada

0
368

cartel-orquesta-philadelphia-20091Cartel 2009 da orquestra Philadelphia

FESTA DA XUVENTUDE, PARADA (ORDES – A CORUÑA). VENRES 29 DE MAIO

Dúas das grandes amenizarán unha nova edición da Festa da Xuventude de Parada, no concello de Ordes mañá venres. Volveremos a ver a Christian Maya pero non en PHILADELPHIA e a David Balboa, pero non na PARÍS. E é que, como xa saben os seguidores destas dúas orquestras, desde comezos desta temporada Christian de PHILADELPHIA agora está na PARÍS e David de PARÍS DE NOIA agora é membro de PHILADELPHIA. Polo tanto, os dous cantantes veranse cara a cara cos seus antigos compañeiros.

Con respecto ao ano pasado este é o único cambio na dianteira de PHILADELPHIA á parte de varios cambios nos músicos. Na PARÍS DE NOIA, onde tamén cambiaron algúns músicos, hai que sumarlle á dianteira a fichaxe de Genma Lareo, ex CINEMA, cantante con boa voz, un aplomo no escenario envexable e, por que non dicilo, un corpo de escándalo.

Genma vén substituír á gran Vanessa Fernández, fichaxe estrela do grupo JOCKER para a temporada 2009.

Por certo, falando de JOCKER, actúan mañá con PANORAMA en Lesa (Coirós) e o sábado en Arteixo na Festa das Flores.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*