Chega un tornado ás verbenas galegas

0
397

Grupo Tornado 2010 cartelNova imaxe do grupo Tornado 2010

O grupo TORNADO presenta a súa nova imaxe para a temporada 2010. Este ano a formación musical, nacida en 2003, levou a cabo unha remodelación tanto musical como de compoñentes, de posta en escena e con modificacións no escenario para seguir ofrecendo o seu traballo polas festas e demais celebracións ao longo da nosa xeografía.

Esta é a nova composición do grupo: Sonia Esmeralda (voz feminina), Juan (voz masculina), Pablo (batería e percusión), Álex (baixo electrónico), Roberto (guitarra e voces) e Juanjo (guitarra, acordeón, gaita e voces).

As dúas bases sobre as que se apoia TORNADO son, por unha banda, a realización de música en directo e, doutra, un repertorio onde destaca claramente a música de baile.

En breve poderase visitar a súa páxina web actualizada onde aparecerán datos e fotografías dos compoñentes, calendario de actuacións, etc. O grupo tamén ten unha conta en Facebook.

O próximo 16 de maio TORNADO actuará nas festas do barrio do Couto, en Ourense, e de aí a moitos lugares onde, durante a nova temporada, poderemos ver o grupo amenizando as celebracións. Facendo gala do seu nome, TORNADO pretende entrar con forza na nova temporada 2010 e ofrecer o seu repertorio de baile verbeneiro 100%.

Chega TORNADO… bailas?

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*