Coas celebracións máis importantes de Padrón abrimos un ano máis esta páxina de información de festas, verbenas, orquestras e romarías que intentaremos levar o máis actualizado posible dentro das nosas posibilidades.

Padrón 2018 - Pascua - programa

As de Padrón marcan dalgunha maneira o inicio da temporada de verbenas en Galicia. E este ano traen novidades importantes como é a redución de orquestras no programa de festas (que non foi aplaudido por moita xente nas redes sociais), e a inclusión doutro tipo de músicas como o concerto de Eladio y los seres queridos e unha noite de sesión DJ Indie (abrindo a pascuílla o venres 9) ou un festival pop para abrir as festas deste ano xunto coa orquestra OLYMPUS.

Padrón 2018 - Pascua - feira cabalar

As atraccións e polbeiras, coma sempre, funcionarán no paseo do Espolón, Campo do Souto e explanada da piscina. A feira cabalar, no seu lugar de sempre, e outras moitas actividades ao longo destes días poñerán Padrón no máis alto do calendario festeiro galego.

Pascua 2018 - Noite DJ Indie - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*